Romances da Terra Maina

Cun ensaio preliminar encol da fala galega

«… os amantes da condición poética dos versos agradecerán estas páxinas escritas por un poeta que transmitía bondade, sinxeleza e, ás veces, maino idealismo» (Alonso Montero, Xesús, prólogo a Romances da terra maina, 2007, p. 27).

15,00  IVA inc.

Categorías , Etiqueta

Na doce e maina Galiza,

maino é todo o que se enxerga:

maino é o sol que antre as nubes

mostra maina a faz bermella;

maino é o vento que zoa

por antre a maina arboreda;

maina a chuvia que fecunda

mainamente a nosa terra;

mainiños son os diamantes

do maino orballo, que treman

nas mainas mañás de abril

antre as mainas frores ledas.