¡Oferta!
Portada del libro Música de Nadal, del P. Manuel Feijoo
35,00  30,00  IVA inc.

P. Manuel Feijoo: Música de Nadal

Edición integral de la Música de Navidad del P. Manuel Feijoo, organista y compositor, fundador del Orfeón Terra a Nosa de Santiago de Compostela. Muchas de las partituras presentadas en este libro son inéditas.

El volumen incorpora un estudio antropológico del compositor y de su obra, a cargo del etnomusicólogo y compositor Manuel Rico Verea.

SKU: feijoo2 Categorías: , , Etiquetas: , ,

Descripción

Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfeón Terra a Nosa, se puxera de longo no mundo musical aquela noite do 24 de Nadal do ano 1966, cando apareceu na pantalla de rtve entrando nas ceas de Noieteboa de moitas casas e familias co agasallo das primeiras panxoliñas da súa propia man: intérpretes e composicións.

Manuel Feijoo viñera facendo música sobre pentagramas secretos de moito tempo atrás. Agora, logo desta data, comezaba a romper os currunchos e agochos ocultos do seu convento franciscano e aquela riqueza persoal fíxose de goce e dominio público ó tempo que ía aumentar de vez o seu fervor, teima e obra compositivos ate contar no seu opus artístico nadaleiro con máis de 40 títulos. Este opus completo do ciclo de Nadal aparece hoxe aquí, compilado neste libro.

Ó compositor e mestre Manuel Feijoo a prensa da Bretaña Francesa, logo da súa actuación no Festival Intercéltico de Lorient de 1982, chamáralle o franciscano de Galicia, e no seguinte Festival de Música Celta de Ortigueira foi alcumado o franciscano galego de Ourense polos medios da nosa terra. Logo, ou ó mesmo tempo, sempre co seu Orfeón, seguiron as xiras nacionais e internacionais do evanxelio nadaleiro feijoniano: Lisboa, Coimbra, Oporto (1982); Alemania (1973) e Austria (1979) con actuacións en Essen, Colonia, Munich e Salzburgo; París, Versalles, Amsterdam, Bruxelas (1975); Londres (1975), Roma (1975 e 1983), Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela (1991). Desde o primeiro día, en todo Galicia. Foi entón cando el, a súa música e a súa coral foran cosiderados nos ambientes e nos recintos dos melómanos e público en xeral como a embaixada dos cantores do Nadal.

Daquela a música de Nadal de Manuel Feijoo soa e resoa no ar da Europa Central, da Europa Mediterránea, das Illas Británicas e máis aló do Atlántico. A partir de hoxe, coa publicación deste novo volume no que aparecen publicadas, amáis das súas famosas panxoliñas coa letra de Torre Enciso, moitas outras partituras pouco e menos coñecidas ou prácticamente inéditas, xa non queda o gran retablo do Nadal de Feijoo tan só nas ás do ar, senón tamén e definitivamente fixadas no seguro e ventaxoso ferro da memoria do documento público escrito e publicado.

Información adicional

Peso 200 kg
Dimensiones 240 x 20 x 320 mm
ISBN

ISMN

979-0-801277-16-9

Páginas

Editor Musical

Carlos Núñez Deza

Asesor Musical

Santiago López Blanco

Colaborador Musical

Manuel Gándara González

Leave a Reply

*

detalle del producto

    No existe información detallada

acerca del autor

Este libro no tiene autor asignado