15,00  IVA inc.

Intro. Partituras

INTRO é unha viaxe no tempo, un vagar entre épocas a través de nove composicións orixinais, sete delas inspiradas en temas galegas (Cantigas de amigo de Martin Códax e temas tradicionais da zona de Avión, Ourense). Unha invitación para pechar os ollos e deixarse levar por antigas sonoridades mesturadas coas novas. Un intento de pechar o círculo, de dar voz ás músicas dos que xa non están para tentar permanecer no tempo.

INTRO es un viaje en el tiempo, un vagar entre épocas a través de nueve composiciones originales, siete de ellas inspiradas en temas gallegas (Cantigas de amigo de Martin Códax y temas tradicionales de la zona de Avión, Ourense). Una invitación para cerrar los ojos y dejarse llevar por antiguas sonoridades mezcladas con las nuevas. Un intento de cerrar el círculo, de dar voz a las músicas de los que ya no están para intentar permanecer en el tiempo.

Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Este libro recolle as partituras do disco INTRO, da pianista e compositora María Mendoza.

As obras incluidas son as seguintes:

  1. I Ondas do mar de Vigo
  2. II.Mandad’hei comigo
  3. III.Mia irmana fremosa
  4. Tocadoro do pandeiro
  5. Como queres que te ronde
  6. Para quen entrou no baile
  7. La Bella
  8. Umzug

 

Información adicional

Peso 0,3 kg
Dimensiones 215 × 315 × 5 mm
ISMN

979-0-801277-24-4

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

detalle del producto

    No existe información detallada

acerca del autor

María Mendoza

María Mendoza, pianista, compositora e docente, nace en Oviedo en 1975, e comeza os seus estudos musicais á temperá idade de catro anos da man da súa nai, profesora de piano. No ano 2001 conclúe os seus estudos superiores de Piano e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Bilbao. Un ano máis tarde, obtén no mesmo centro o Título Superior de Solfexo, Acompañamento e Transporte, así como a licenciatura en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. No ano 2002 desprázase a Galicia e comeza os estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, da man de Carlos Cambeiro, Joám Trillo e Pablo Beltrán. A súa actividade profesional divídese entre a docencia, a composicion e a interpretación, destacando sobre todo a súa faceta creativa, tanto compositiva como interpretativa. Na actualidade é profesora do departamento de Composición no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Como intérprete, destaca a súa gran versatilidade como pianista clásica, como acompañante, tanto de instrumentistas, cantantes e agrupacións corais e como teclista en grupos de música moderna –pop, rock, folk, etc–. En canto á composición, é autora de pezas para piano, música de cámara, relixiosas, corais, orquestrais, para banda de música, para voz e piano e de bandas sonoras para curtametraxes e series de animación, onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema. Compositora da música da serie Caracol e Caracola e das curtas de animación O día en que a mamá se lle puso cara de tetera, E que podo facer eu?, O sultán e os ratos, Rato Tom e Rata Tomasa e Pedra, palo e pau da serie Cantos do Camiño da productora galega oqd filmes, entre elas as gañadoras do Premio Especial do Xurado no Festival Brasil Stop Motion 2011, emitidos en televisión de Galicia, Finlandia, Arxentina, Turquía e Portugal, entre outros países. En abril de 2016 presenta o seu primeiro disco en solitario, intro, un cd de pezas orixinais para piano, que inclúe o seu tema Como queres que te ronde, premiado no concurso de composición Galician Folk Songs 2015, y en octubre de 2017 presenta o seu segundo disco, Nova, que inclúe o seu tema para saxo e piano Devil’s Dance, premiado no concurso de composición francés Hélianthe. Varias das súas obras foron publicadas por Periferia Sheet Music (Barcelona), Música Neo (descarga dixital) e pala Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dende o ano 2010 é membro da Asociación Galega de Compositores.